Alternativa ás plataformas de vídeo das Big Tech

PeerTube é unha ferramenta para compartir vídeos creada por Framasoft, unha organización francesa sen ánimo de lucro.

PeerTube xa ten unha app para móbiles, e nova aparencia na v7!

Publicamos a app PeerTube para móbiles en Android & iOS! Descubre, atopa e reproduce vídeos desde o teu móbil, nunha app deseñada pensando en ti. Como con PeerTube, a v7 trae un completo redeseño da interface. Novos decorados, menús e visualizacións… con accesibilidade mellorada.

Coñece máis e apoia a Framasoft

Que é PeerTube?

PeerTube permíteche crear a túa propia plataforma de vídeo, con total independencia.

Usando PeerTube non hai algoritmos opacos nin políticas de moderación incomprensibles! As plataformas de PeerTube que visitas están creadas, xestionadas e moderadas por quen as crea.

PeerTube permite a interconexión entre plataformas, creando unha gran rede de plataformas que son á vez autónomas e interconectadas.

Ademáis, PeerTube non depende da publicidade e non te rastrexa!

Que podo atopar en PeerTube?

Descubre as nosas recomendacións entre máis de 600.000 videos e as 1.000 plataformas da rede PeerTube

PeerTube non depende do monopolio de ningunha empresa

Igual que con outras ferramentas desenvoltas por Framasoft, PeerTube considérate unha persoa e non un produto a ser perfilado e atraparte en bucles de vídeos.

PeerTube é libre, de código aberto, creado sen propósito comercial.

Un ben común dixital ético e de código aberto

PeerTube perténceche. En todo momento podes axudarnos a mellorar PeerTube coas túas ideas, suxestións o modificando o código ti mesma.

PeerTube é software libre, non unha fórmula segreda de Google (no caso de Youtube) ou Vivendi/Bolloré (Dailymotion). A súa licenza libre garante as liberdades fundamentais das usuarias.

Preguntas? Axudámosche!

PeerTube é unha ferramenta que se pode instalar nun servidor web. Permíteche crear unha web para hospedar vídeos, e así ter "o teu propio YouTube".

A diferencia con YouTube é que non hai intención de crear unha enorme plataforma centralizada de vídeos de todo o mundo nunha granxa de servidores (que é tremendamente caro).

Polo contrario, o concepto de PeerTube é crear unha rede de múltiples pequenos provedores de hospedaxe interconectados.

Podemos responder con certeza: non!

Porén, a ambición é ser unha alternativa libre e descentralizada: o obxetivo dunha alternativa non é substituír, se non propoñer algo máis, con diferentes valores, en paralelo ao xa existente.

Código aberto con licenza libre

  • PeerTube proporciónasae gratuítamente, non tes que pagar para instalalo no servidor
  • Podemos mirar dentro de PeerTube (o seu código fonte): é auditable, transparente
  • Pode ser mellorada coas contribucións de todas as persoas

Federación interconectada de provedores de hospedaxe

  • Descentraliza a almacenaxe de vídeo e o poder de decisión
  • Podemos mostrar vídeos e contas de outras webs PeerTube
  • Baseado en ActivityPub para, por exemplo, conectar con ferramentas como Mastodon.

Retransmisión entre iguais

  • Reduce a carga de ancho de banda preciso no servidor se este se fai moi popular
  • Convertémonos nun actor máis da retransmisión de vídeo
  • Baseada en WebRTC, un proxecto libre e de código aberto para navegadores web.

Grandes características para as espectadoras

  • Desfruta do reprodutor adaptable que inclúe capítulos e vista previa na interface web ou na aplicación móbil
  • Personalizar a interface con decorados, filtrar, axustes NSFW, e preferencia de reprodución automatica
  • Gardar vídeos para máis tarde, organizar listas, retomar a reprodución, e ver o historial
  • Sigue canles e accede a novos vídeos nunha canle dedicada
  • E moitas máis características!

Para creadoras de contido

  • Unirse a unha comunidade con valores compartidos, falar con persoas reais que administran, exportar/importar contido entre plataformas PeerTube
  • Permitir a PeerTube sincronizar automaticamente unha canle remota (Youtube, Vimeo, etc.)
  • Acceso a estatísticas polo miúdo, edición (recortar, marca de auga, prólogo/epílogo) ou subir nova versión do vídeo
  • Retransmite con OBS ou outro software RTMP, permite repeticións e interactuar coa audiencia en directo
  • Xestionar varias canles que poden seguirse en plataformas ActivityPub (PeerTube, Mastodon, Pleroma, etc.) para maior alcance
  • E moitas máis características!

E para quen administra

  • Control completo sobre a configuración e personalización con complementos e decorados
  • Personaliza a páxina de inicio con Markdown/HTML, pon a túa propia marca (avatar, cabeceira, categorías), define os valores predeterminados para as usuarias, e mensaxes informativos na cabeceira
  • Xestión da creación de contas, establecer límites de subida, asignar roles de xestión, revisar denuncias por abuso, bloquear ou vetar usuarias, acalar contas ou plataformas
  • Transcodificación avanzada de vídeo coa posibilidade de usar servidores remotos
  • E moitas máis características!